XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Fragmentos dun discurso sobre sexualidade”

Compartimos a información acerca das XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Fragmentos dun discurso sobre sexualidade”, que terán lugar en Burela os días 5, 6 e 7 de novembro de 2026.

Este ano o tema das Xornadas é a sexualidade. Versarán sobre sexualidade e diversidade sexual ao longo do ciclo vital (incluíndo teorías sexuais infantís e sexualidade adolescente), ao longo da Historia, e a través de diferentes condicións de saúde e enfermidade.

Falarase de sexualidade contemporánea, de intimidade, de dereitos e calidade de vida, de extranxeirización e de violencia. Falarase de atención psicolóxica en contextos de violencia sexual, da prevención da mesma e da súa abordaxe na xurisdición penal. Tamén se falará da atención á copgsexualidade nos Centros de Orientación Familiar e da existencia das historias LGTB+ ó longo dos séculos.

Nas Xornadas estarán presentes as perspectivas feministas, histórica, antropolóxica e transdisciplinar.

Podes facer a túa inscrición enviando o boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal ata o 23 de outubro, ou a través da sede electrónica do COPG.

Así mesmo, enviamos os datos de contacto do Hotel Nordés por si é do teu interese hospedarte nel. Ofrecen prezos reducidos para ás persoas asistentes ás Xornadas.

Para facer a reserva debes contactar directamente co hotel no número de teléfono 982 57 51 43, indicando que a reserva é para asistir as Xornadas do COPG.

Tríptico

  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos