
Tríptico XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG «Fragmentos dun dircurso sobre sexualidade»
Lembramos que o día 23 de outubro remata o prazo de inscrición para asistir ás XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Fragmentos dun discurso sobre sexualidade”, que terán lugar en Burela os días 5, 6 e 7 de novembro de 2026.
Así mesmo, tamén lembramos que o día 15 de outubro remata o prazo de recepción de propostas de comunicacións libres e pósteres.
Como xa sabedes este ano as Xornadas versarán sobre sexualidade e diversidade sexual ao longo do ciclo vital (incluíndo teorías sexuais infantís e sexualidade adolescente), ao longo da Historia, e a través de diferentes condicións de saúde e enfermidade.
Podes facer a túa inscrición enviado boletín cuberto ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal, ou a través da sede electrónica do COPG.
“Nunca é só sexo”.
Darian Leader.
“Todo na vida é sobre sexo, excepto o sexo.
O sexo é poder”.
Oscar Wilde.
Conscientes de que a maioría viredes desde non preto do lugar de celebración, compartímosvos unha lista de reprodución de cancións que temos elaborado para a ocasión, a cal poderá servir para amenizar o traxecto a quen lle preste.
Quixemos ofrecer unha lista que durase como para chegar dende o punto máis afastado do sur.
Quedounos unha que da para chegar, e volver, varias veces, dende San Borondón.
Aviso: trátase dunha lista ampla e heteroxénea, para gustos. Para ir adiante e atrás, ad libitum. Ou apagar.
Aviso para quenes non vaian ó volante: ollo a algúns dos vídeos.
