Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (AGOSTO-SETEMBRO 2026)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

 

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Participou na reunión da Xunta de Goberno de Unión Profesional de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela o día 30 de setembro.
  • Asistiu á reunión da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o día 1 de outubro.
  • Xunto con Mª Begoña Castro Iglesias, presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG, asistiu á «III Jornada de Salud Mental en Contextos Educativos», celebrada o día 2 de outubro na Universidade Complutense de Madrid (UCM).

 

 

 

 

Recoñecemento Luz Fandiño

Recoñecemento Luz Fandiño

 

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu ao acto de recoñecemento da poeta Luz Fandiño, celebrado en Santiago de Compostela o día 1 de outubro.

 

 

 

 

Isabel Figueroa Matallín

Isabel Figueroa Matallín

 

 

A representante do COPG na Plataforma SOS Sanidade Pública, Isabel Figueroa Matallín, asistiu á xuntanza da Plataforma SOS Sanidade Pública, celebrada o día 9 de setembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Mª Dolores González Fernández

Mª Dolores González Fernández

 

 

Mª Dolores González Fernández asistiu á reunión da Comisión Galega de Control da Violencia, celebrada de xeito telemático o día 17 de setembro.

 

 

 

 

 

 

 

Ricardo Fandiño Pascual

Ricardo Fandiño Pascual

 

O vicedecano do COPG, Ricardo Fandiño Pascual, asistiu á xornada «Edadismo. Unha mirada integral ao edadismo», organizada polo Colexio Oficial de Enfermería de Ourense o día 22 de setembro.

 

 

 

 

 

Alejandra Isabel Fernández Rodríguez

Alejandra Isabel Fernández Rodríguez

 

A vogal da Xunta de Goberno do COPG e coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista, Alejandra I. Fernández Rodríguez, asistiu, en representación deste Colexio, á reunión do Observatorio Galego da Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, celebrada o día 22 de setembro.

 

 

 

 

 

Mª Begoña Castro Iglesias

Mª Begoña Castro Iglesias

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa, Mª Begoña Castro Iglesias e o membro da División de Psicoloxía Educativa do Consejo General de la Psicología, Hipólito Puente Carracedo, mantiveron o día 7 de outubro unha xuntanza coa Fundación MAPFRE, no marco do programa «Bienestar en Red», impulsado polo Consejo General de la Psicología de España e a Fundación MAPFRE, co obxectivo de coñecer e coordinar a participación no desenvolvemento dos talleres TRIC dirixidos ao alumnado

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

José Berdullas Barreiro

 

O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, participou, en representación do COPG, no Encontro de Saúde Mental coa portavoz nacional do BNG, celebrado en Santiago de Compostela o día 9 de outubro

 

 

 

 

 

 

Desde o COPG, presentamos alegacións ao Borrador do Plan de Seguridad Vial de Galicia 2026-2030 da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

  • Á reunión ordinaria do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, sesión extraordinaria celebrada o día 15 de setembro.
  • Á reunión da Comisión de Igualdade de Unión Profesional, celebrada en Madrid o día 16 de setembro.
  • Á reunión da Junta de Gobierno do Consejo General de la Psicología, celebrada en Madrid o día 19 de setembro.
  • Participou na reunión do Pleno Extraordinario do Observatorio Estatal de Violencia de Género da Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género, celebrada de xeito telemático o día 6 de outubro.
  • Á reunión da Junta de Gobierno do Consejo General de la Psicología, celebrada no marco do Congreso da Ordem o día 9 de outubro.

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG e titular da área de Neuropsicoloxía Clínica da División de Neuropsicoloxía Clínica do Consejo General de la Psicología, Paula Marcos Carregal, asistiu a unha xuntanza celebrada o día 26 de setembro.

 

COPG