Comisións

Continuamos coa campaña “A túa saúde mental non é un xogo”

Entre outras accións, quérese levar a campaña aos autobuses urbáns ou interurbáns para un maior espallamento da mesma.

Desde a CDP lembramos que esta campaña pretende axudar ás persoas a distinguir o que é a psicoloxía do que non é, e que valoren a titulación oficial como necesaria para tratar cuestións de saúde mental.

Por outra banda, nos últimos meses, o mediático “Caso Andic” volve poñer enriba da mesa a responsabilidade que implica intervir na saúde das persoas.

Neste senso, o COPG remitiu unha conunicación ao respecto ao Consejo General de Psicología, amosando a súa preocupación pola ausencia de regulación de determinadas actividades que se presentan ante a cidadanía como atención psicoterapéutica, e para poñer en consideración as posibles implicacións éticas e deontolóxicas, así como a valoración de posibles actuacións institucionais.

No seu momento, tamén o COP de Cataluña fixo un comunicado ao respecto do mesmo caso, xa que se produciu no seu territorio. Neste enlace podes acceder a dito comunicado oficial: https://www.copc.cat/es/blog/copc-2/comunicado-oficial-del-copc-sobre-la-profesional-supuestamente-involucrada-en-el-caso-andic-1677

DeSde a CDP reafirmamos a necesidade de traballar con métodos contrastados e baseados na evidencia, alonxándonos das pseudoterapias, por moi atractivas que podan resultar. E, novamente, ante a oferta de “terapeutas” e “coachs” instamos a facer visible o que nos diferencia: somos psicólogos e psicólogas con titulación oficial, colexiados e colexiadas, e cuns principios éticos e profesionais avalados por un Código Deontolóxico.

Se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.