Aviso Legal

Titular do Sitio Web

Condicións de uso

A presente páxina web ten por obxecto facilitar aos usuarios ou/e potenciais clientes, ou clientes información relativa ás actividades do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galici ae os servizos que ofrece a mesma, así como proporcionar información que poida resultar de interese.
Con esta páxina web o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia pretende prestar un servizo útil, polo que as suxestións dos usuarios da mesma son benvidas. Pero se non está de acordo con algunha das condicións contidas neste aviso, deberá deixar de utilizar a páxina web. O acceso á mesma implica a aceptación das mesmas sen reservas.
Certos servizos prestados a través do sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais. Faise indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo do que se trate.

I Acceso

O acceso é público, se ben hai determinadas partes da páxina web cuxo acceso está reservado aos clientes, mediante un identificador de usuario e un contrasinal. Os usuarios non clientes poden visitar as seccións públicas da páxina, non debendo tentar nunca o acceso as seccións de acceso restrinxido, salvo que lle fora autorizada mediante a asignación dun identificador de usuario e un contrasinal.

II Modificación da páxina e interrupcións ou erros no acceso

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na páxina web, da configuración e presentación desta e das condicións de acceso.

III Contidos e páxinas enlazadas

A información contida nesta web ten carácter meramente informativo, e, en ningún caso constitúe asesoramento de ningunha índole. A política do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é tratar de que os contidos estean sempre actualizados, pero pode suceder que non o estean.
O Sitio Web conten textos elaborados con fins meramente informativos ou divulgativos que poden non reflictan o estado actual e que se refiren a situacións xerais polo que o seu contido non pode ser aplicado nunca polo usuario a casos concretos. As opinións vertidas nos mesmos non reflexan necesariamente os puntos de vista do titular da páxina web. O usuario non debe actuar sobre a base da información contida neste Sitio Web sen recorrer previamente á correspondente consulta co persoal do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
Os usuarios comprométense a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que o titular da páxina web ofrece.
Os enlaces externos que contén este Sitio Web conducen a sitios xestionados por terceiros. O titular da páxina web non responde dos contidos nin do estado de ditos sitios. O uso de enlaces externos tampouco implica que Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia recomende ou aprobe os contidos das páxinas de destino.
A función dos links ou enlaces que aparecen nesta páxina é exclusivamente a de informar aos usuarios e clientes sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en Internet, onde poderán ampliar ou completar os datos ofrecidos nesta páxina. O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia baixo ningún concepto será responsable do resultado obtido a través de ditos enlaces.
En todo caso, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia non asume responsabilidade derivada dos contidos enlazados dende a súa páxina web, nin pode garantir a ausencia de virus, ou outros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou os ficheiros, ou os datos, do usuario, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados ao usuario por este motivo.
Aínda que os enlaces son supervisados regularmente para que non suceda, no caso de que calquera usuario ou un terceiro, considerara que o contido ou os servizos prestados polas páxinas enlazadas son ilícitos, vulneran valores ou principios constitucionais, ou lesionan bens ou dereitos do propio usuario ou dun terceiro, rógase que se comunique inmediatamente co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia dita circunstancia, e especialmente se os enlaces consisten en:

  • Actividades ou contidos susceptibles de ser considerados delituosos conforme á normativa aplicable
  • Actividades ou contidos que violen dereitos de propiedade intelectual ou industrial
  • Actividades ou contidos que poñan en perigo a orde pública, a investigación penal, a seguridade pública e a defensa nacional
  • Actividades ou contidos que poñan en perigo a protección da saúde pública, o respecto á dignidade da persoa, ao principio de non discriminación, a protección da saúde e a infancia, a protección de datos de carácter persoal ou calquera outro valor ou principio considerado de interese.

IV Protección de datos persoais

Introdución

Os datos persoais vinculados a esta web respectan as exixencias do Regulamento Xeral de Protección de Datos e da lexislación e normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia titular da web, tratará os datos de carácter persoal que se recollan a través desta web cumprindo coa normativa do Regulamento Xeral de Protección de Datos e a normativa española vixente en materia de protección de datos persoais, así, a remisión de datos polos interesados é absolutamente voluntaria e é debidamente anunciada.

Finalidades

En particular, os datos que se proporcionen a través da web serán tratados para a xestión do contacto ou da consulta realizada, e, no seu caso, se se produce solicitude ou encargo, a xestión do mesmo, administrativa, contable e fiscal, así como o arquivo do histórico.

Lexitimación do tratamento

A lexitimación do tratamento dos seus datos é consecuencia do consentimento que presta enviando o formulario do contacto ou a consulta. Se se produce solicitude ou encargo, a lexitimación será a relación derivada do mesmo, podendo chegar a ser contractual e o cumprimento das obrigacións profesionais e legais derivadas do mesmo. Tamén existe a lexitimación a través da vía do interese do titular da páxina web ou do usuario.

Comunicacións dos datos

Os datos derivados do contacto e a consulta non serán comunicados a terceiros, salvo autorización expresa ou obrigación legal.

Dereitos dos interesados

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando os seus datos persoais, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, a actualizalos, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios en calquera momento.
En determinadas circunstancias previstas no artigo 18 RGPD os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións, tamén poderán, por motivos relacionados coa súa situación particular opoñerse o tratamento dos seus datos. Os interesados teñen dereito a opoñerse á elaboración de perfís. Se concorren os requisitos do artigo 20 RGPD teñen dereito a solicitar a probabilidade dos seus datos.
Tamén teñen dereito, en calquera momento a revocar o consentimento prestado.
Como consecuencia da aplicación do dereito á supresión ou oposición ao tratamento de datos persoais no entorno online os interesados teñen o dereito ao esquecemento segundo a xurisprudencia que o Tribunal de Xustiza da UE determina.

Exercicio de Dereitos de Protección de Datos

Os usuarios poden exercer os seus dereitos mediante escrito postal dirixido ao enderezo físico arriba indicado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, a través do correo electrónico tamén facilitado e no seu caso ante o noso Delegado de Protección de Datos
Se considera que os seus dereitos non se atenderon debidamente, teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, con datos do contacto:
Enderezo postal: C/Jorge Juan, 6, 28.001-Madrid
Páxina web: www.agpd.es(link is external)
Teléfono: 901 100 099
Sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/(link is external)

Vías a través das cales se recaban datos persoais. Finalidades do tratamento

Formularios de contacto

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros dos que Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é titular.

Datos recabados polo servidor web

  • Versión Navegador
  • Versión Sistema Operativo
  • Enderezo IP
  • Interfaz de Usuario
  • Idioma Navegador

Os datos persoais recabados polo servidor web serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados aos correspondentes ficheiros dos que Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é titular.

Medios de comunicación tradicionais

Así mesmo, poderá facilitarnos os seus datos a través de teléfono, correo electrónico e outros medios de comunicación indicados na sección de contacto.
A finalidade do tratamento destes datos será unicamente a de prestarlle a información ou servizos que nos solicite.
Certos servizos prestados a través do sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais. Faise indispensable a súa lectura e aceptación con carácter previo á solicitude do servizo de que se trate.

Redes sociais

Contamos con perfís nas principais redes socias de Internet, recoñecéndose en todos os casos responsable do tratamento dos datos dos seus seguidores, fans, subscritores, comentaristas e outros perfís de usuarios (en diante, seguidores). O tratamento que a entidade levará a cabo con ditos datos será, como máximo, o que a rede social permita a os perfís corporativos. Así pois, poderemos informar os seguidores por calquera vía que a rede social permita sobre as nosas actividades. En ningún caso extraeremos datos das redes sociais, a menos que se obtivera puntual e expresamente o consentimento do usuario para iso. Cando, debido á propia natureza das redes sociais, o exercicio efectivo dos dereitos do seguidor quede supeditado á modificación do perfil persoal de este, comprometémonos a axudarlle e aconsellarlle a tal fin na medida das súas posibilidades.

Contido aportado polos usuarios

Nas redes socias, formularios, blogs e similares instrumentos os usuarios poden realizar comentarios.
Toda a información e comentarios que se reciban considerarase cedida a título gratuíto. O usuario non debe enviar información que non poida ser tratada desta forma.
Tampouco se recomenda o envío público da información propia e moito menos de terceiros, e prohíbese expresamente o incorporar datos sensibles ou que vulneren calquera tipo de dereito das persoas.
O titular da páxina web reservase o dereito de publicar os comentarios que se envíen e retirar todos aqueles comentarios e aportacións que non estean relacionados co contido da entrada na que se realiza o comentario, vulneren a propiedade intelectual, o respecto á dignidade da persoa, o dereito ao honor, a propia imaxe ou a intimidade, o dereito á protección de datos persoais, que sexan discriminatorios, xenófobos, racistas, pornográficos, que atenten contra a xuventude ou a infancia, a orde ou a seguridade pública ou que, ao seu xuízo, resultasen ilegais ou, simplemente, non adecuados para a súa publicación. En calquera caso o titular da páxina web non se fai responsable das opinións vertidas polos usuarios a través das ferramentas de participación, nin dos contidos.
Aqueles comentarios ou contidos non publicados ou retirados serán destruídos.
Quen envíe un comentario é responsable de aportar contidos lícitos e faise responsable das posibles responsabilidades que por calquera índole, poidan surtir, incluíndo as eventuais indemnizacións. Con carácter enunciativo pero non limitativo a non emplealos para: incorrer en actividades ilícitas ou contrarias a boa fe e á orde pública, difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico, de apoloxía do terrorismo ou atentatorio contra os dereitos humanos; que poidan provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos da entidade, aos seus provedores ou a terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calquera outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; intentar acceder e modificar ou manipular os mensaxes de outros usuarios; vulneración do dereito á protección de datos.
Se o usuario inclúe datos de carácter persoal debe cumprir a normativa de protección de datos. Respecto a os seus pode exercer os dereitos consignados no apartado anterior.

Obrigación de Secreto e Confidencialidade

O persoal e voluntariado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que tivesen algún tipo de intervención nas accións prestadas aos usuarios, están comprometidos a non divulgar nin facer uso da información á que accederan por razón do seu posto. A información subministrada polo usuario terá, en todo caso, a consideración de confidencial, sen que poida ser utilizada para outros fins que os relacionados co titular da páxina web. Nos comprometémonos ao cumprimento da obrigación de secreto dos datos de carácter persoal e do deber de gardalos de forma confidencial e adoptaremos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perdida, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento do estado da tecnoloxía.

Propiedade industrial e intelectual

Todos os contidos, textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais e/ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade intelectual do titular da páxina web ou de terceiros, sen que poida entenderse cedido ó usuario ningún dereito de explotación recoñecido pola lexislación vixente.
As marcas, nomes comercias e signos distintivos son titularidade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ou de terceiros, sen que poida entenderse que o acceso á páxina web da que é obxecto este aviso legal atribúe ningún dereito sobre os mesmos.
Aqueles usuarios que fagan comentarios no blog ou redes socias ceden a título gratuíto os seus dereitos de propiedade intelectual, e están sometidos as condicións expresadas no apartado “contido aportado polos usuarios”.

Responsabilidades

O titular da páxina web non será en ningún caso, responsable, polos danos e prexuízos de calquera índole derivados, directa ou indirectamente, da falta de lectura deste aviso, ou do incumprimento das obrigacións especificadas nas condicións. Así mesmo, o titular da páxina web exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, fora do seu efectivo control, poidan deberse á transcrición, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso á páxina web ou a os seus contidos.

Normativa e Xurisdición

As presentes Condicións de Uso do Sitio Web réxense en todos e cada un dos seus extremos por a lei española. Este aviso legal non se arquivará individualmente para cada usuario senón que permanecerá accesible por medio de Internet neste mesmo sitio web.