Manual de boas prácticas en Puntos de Encontro Familiar
En 2021 publicouse o Manual de boas prácticas en Puntos de Encontro Familiar, que quere constituír unha ferramenta práctica con un obxectivo xeral: clarificar e compartir estratexias e accións que resultan eficaces desde un enfoque do bo trato á infancia e a parentalidade positiva, como un punto de partida para o enriquecemento e a actualización de coñecementos. Ten como finalidade orientar a xestión das institucións públicas e privadas implicadas na protección á infancia, orientar e mellorar as actuacións que teñen lugar nun punto de encontro familiar, establecer procesos de mellora continua na intervención psico-socio-educativa neste tipo de recurso, etc.
Neste manual participaron, entre outros autores e autoras, a colexiada Mónica Permuy López (G-1435).
Podes descargar o manual no seguinte enlace.
Formacións externas
– II Xornada de Psicoloxía Forense
Desde a Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG informamos da celebración da II Xornada de Psicoloxía Forense organizada por Tea Ediciones e que terá lugar o vindeiro 29 de abril en modalidade presencial e online. A inscrición é totalmente gratuíta.
Tratará algúns dos temas que máis preocupan actualmente no ámbito da psicoloxía forense, como son a violencia xuvenil ou a intervención pericial.
Podes atopar máis información no seguinte enlace.
– VII Congreso Internacional para o estudo da mediación e o conflito
A Conferencia Internacional Universitaria para o Estudo da Mediación e o Conflito (CUEMYC) celebra do 15 ao 17 de setembro de 2022 o seu VII Congreso na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Trátase dun foro de referencia interdisciplinar no estudo dos sistemas de resolución positiva de conflitos, a convivencia e a participación social, así como un lugar de encontro e intercambio para a transferencia e actualización de coñecementos entre académicos e profesionais.
Podes atopar máis informaicón no seguinte enlace.