O 11 de decembro levouse a cabo un simulacro sobre plano na empresa Foresa-Industrias Químicas do Noroeste, situada en Caldas de Reis, que implicou a activación do nivel 2 do Plan de Emerxencia Exterior debido a una fuga de metanol con derrame que alcanza o río cercano, incendio no propio tanque e nube tóxica que obriga ao confinamento da poboación máis próxima.

Neste caso, asistiu únicamente a coordinadora do GIPCE, Ana Núñez Rubines, dado que se desenvolveu de forma teórica sobre planos na sala de reunións da propia empresa. Ademáis do persoal de dirección da empresa, tamén participaron representantes da AXEGA, do consorcio de bombeiros, Garda Civil, 061, Policía Nacional, Agrupación de Protección Civil, Augas de Galicia, servizo de calidade ambiental, GIPCE, entre otros.

Ao rematar o simulacro realizouse una visita guiada pola empresa para coñecer o seu traballo, as materias primas que manexan nas suas insstalacións e os productos que elaboran.