A Xunta de Goberno fixo público o seu resumo anual no que recolle a principal actividade realizada ao longo de 2023. Mirando cara á propia profesión, afirman que goza de boa saúde. Neste ano xa se superaron os 3.700 psicólogos e psicólogas colexiadas no COPG, unha tendencia crecente desde a pandemia, que demostra o maior recoñecemento social. Desde a Xunta de Goberno considérase clarve para impulsar o salto da psicoloxía a outros ámbitos na sociedade: no ámbito sanitario, educativo, comunitario, xudicial, organizacional…
Tamén lembra que o amplo traballo institucional se fai é grazas á xenerosa colaboración coas Comisións de Ética e Deontoloxía e de Defensa da Profesión, as seccións de Psicoloxía e Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía da Intervención Social e Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), o Grupo de Tráfico e da Seguridade, as Comisións Intersectoriais de Mediación, Feminista e de Deporte. Este resumo é un avance de toda a información que se recollerá puntualmente na Memoria Anual de 2023 do COPG.