A coordinadora do GIPCE Ana Mª Núñez foi invitada polo COP de Bizkaia para impartir a formación «Elaboración de informes en Psicoloxía de Emerxencias a integrantes» do seu Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes (GIPEC).
O 21 de novembro realizouse esta formación de 4 horas de duración na sede do COP de Bizkaia (Bilbao) abordando no programa os modelos de informe en psicoloxía de emerxencias, os aspectos técnicos na elaboración de informes, os aspectos éticos e legais na redacción de informes e casos prácticos para poner en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso