O pasado 12 de novembro de 2024 celebrouse a xuntanza do xurado do XVI Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Fernández Fernández, Mª Concepción Rodríguez Pérez, membro da Comisión de Cultura, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista de “La Voz de Galicia”, Xoel Gómez, para deliberar o fallo desta edición.

Nesta ocasión os premiados son:

Categoría de poesía

Gañadora:

» “Esférica”, Irene Quinteiro Blanco (antiga colexiada G-05494).

Mención especial:

»  “Tal como as nubes que impele o vento”, Noela Vázquez Ledo (G-06209).

Categoría de narrativa

Gañadora:

»  “Pequena achega”, Marisa Vidal Collazo.

Mención especial:

»  “Merece a pena vivir morrendo?”, Leticia Río López (G-06321).

O acto de entrega de premios terá lugar o martes 10 de decembro de 2024, ás 18:30 horas, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar. Praza do Obradoiro, s/n. Santiago de Compostela).

Spread the love