No ano 1996 creouse no COP de Galicia o Grupo de Traballo de Protección Civil, formado por oito profesionais da psicoloxía pioneiros na atención psicolóxica en situación de emerxencia.  30 anos despois o GIPCE convertiuse nun grupo máis numeroso de profesionais especializados, organizados e comprometidos que dan resposta as emerxencias que xurden en Galicia.

Nestes 30 anos estivemos presentes en diferentes escenarios que causaron gran conmoción na sociedade: secuestro do barco pesqueiro Alakrana, accidente de tren Alvia en Angrois, accidente de rali en Carral, explosión da pirotecnia de Tui, o confinamento pola pandemia por covid-19, o naufraxio do barco pesqueiro Villa de Pitanxo, e un longo etcétera. Pero ademáis tamén estivemos presentes en simulacros, en formación para diferentes profesionais, en reunións, recollendo recoñecementos e galardóns, actos sociais e na organización do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias.

O 11 de febreiro do 2026, coincidindo co Día Internacional do 112, inaugurouse no COPG unha exposición fotográfica que recolle a historia do GIPCE nestes 30 anos de existencia: reunións, formacións, intervención, simulacros, participación cos medios de comunicación, integrantes, etc.