O 9 de abril de 2022 organizouse desde a Área de Mindfulness e Compaixón do Espazo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unha xornada de práctica en silencio, dirixida as persoas participantes na 1ª e 2ª edición do Programa de Mindfulness e Compaixón. O obxectivo é afondar na práctica de mindfulness e a compaixón e ten como intención experimentar coas prácticas de mindfulness e compaixón como un todo integrado realizadas dentro da 1ª e 2ª edición do Programa Mindfulness e Compaixón do COPG, saborear a experiencia de mindfulness e compaixón ofrecendo unha comprensión máis profunda de prácticas xa realizadas dentro do programa, e descubrir o poder da práctica de meditación en silencio.

A xornada foi gratuita e estivo guiada polas psicólogas Ana Isabel Martínez Arranz (G-2573), Sandra Izaguirre García (G-2477), Berta Fernández Méndez (G-2563) e Mª Teresa Vilanova Villar (G-5801).

 

Spread the love