Dentro da formación obrigatoria anual para os membros do GIPCE, o 28 de febreiro levouse a cabo o curso Ferramentas terapéuticas para o manexo da disociación en situación de emerxencia impartido por Dolores Mosquera, psicóloga e psicoterapeuta especializada en trastornos da personalidade, trauma e disociación con ampla experiencia tanto na práctica clínica coma na docencia a nivel internacional.

Nesta formación, de 8 horas de duración, os asistentes adquiriron coñecementos para identificar síntomas disociativos, técnicas para o manexo de dificultades coa atención dual, técnicas de enraizamento, o traballo coa diferenciación e o traballo con partes disociativas da personalidade. Os 40 asistentes valoraron positivamente esta actividade formativa.