Durante os meses de febreiro, marzo e abril continuamos as colaboracións coa Facultade de Psicoloxía da USC impartindo diversas actividades formativas nos másteres dirixidas a que o seu alumnado coñeza de primeira man o traballo que realizamos dende o GIPCE. Neste 2026 levamos a cabo as seguintes formacións:

– Seminario Intervención psicolóxica con persoas con diversidade funcional en emerxencias, impartido por Mª Carmen González Hermo o 27 de febreiro para alumnado do Máster en Psicoloxía

– Seminario Intervención con menores desde o GIPCE, impartido por Conchi López o 5 de marzo para alumnado do Máster en Psicoloxía

– Obradoiro As 7 fases do debriefing, impartido por Conchi López e Ana Núñez o 23 de marzo para alumnado do Máster en Psicoloxía.

– Seminario A intervención Psicolóxica en Emerxencias, impartido por Ana Núñez o 24 de abril para alumnado do Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria.