Grupos

Kit para a xestión do estrés en momentos de alarma
Kit para a xestión do estrés en momentos de alarma

Nos últimos tempos comezouse a falar da importancia de ter preparado nas nosas casas un kit de emerxencia para que, en caso de producirse algunha situación de crise (guerra, crise sanitaria, catástrofes naturais, ataques cibernéticos…), nos permita atender as nosas necesidades básicas durante ao menos 72 horas.

Esta recomendación, unida á crise polo apagón eléctrico que sufriron varios países europeos o pasado 28 de abril, motivou que o equipo newsletter da Área de intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología elaborara dúas infografías co título Kit para a xestión do estrés en momentos de alarma con recomendacións para xestionar o malestar emocional que pode xurdir ante determinadas crises. Unha das infografías está dirixida a poboación xeral e a outra está elaborada con pictogramas para que poida chegar tamén a poboacións con necesidades especiais.

Podes descargar as infografías:

Kit para a xestión do estrés en momentos de alarma
Kit para a xestión do estrés en momentos de alarma