A modo de información e para unha previsión de reserva de datas, presentamos o programa preliminar das XXXI Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “Fragmentos dun discurso sobre sexualidade”, que terán lugar en Burela os días 5, 6 e 7 de novembro de 2026.
Este ano o tema das Xornadas é a sexualidade. Versarán sobre sexualidade e diversidade sexual ao longo do ciclo vital (incluíndo teorías sexuais infantís e sexualidade adolescente), ao longo da historia, e a través de diferentes condicións de saúde e enfermidade.
Falarase de sexualidade contemporánea, de intimidade, de dereitos e calidade de vida, de extranxeirización e de violencia. Falarase de atención psicolóxica a persoas vítimas e vitimarias de violencia sexual, da prevención da mesma e da súa abordaxe na xurisdición penal. Tamén se abordará sobre a atención á sexualidade nos Centros de Orientación Familiar e da existencia das historias LGTB+ ó longo dos séculos.
Nas Xornadas estarán presentes as perspectivas feminista, histórica, antropolóxica e transdisciplinar.
