Grupos

Xuntanza de xefas de garda do GIPCE

O 27 de xaneiro tivo lugar a xuntanza anual de xefas de garda do GIPCE. Nesta ocasión a reunión realizouse en formato híbrido (presencial e online) para facilitar a asistencia ás gipces que durante as 24 horas dos 365 días do ano atenden as chamadas do 112 para dar resposta ás emerxencias nas que se solicita a intervención do GIPCE.

Durante esta xuntanza informáronse das actualizacións nos materiais necesarios para facer gardas e na documentación que deben cubrir os/as gipces intervenientes despois de atender unha emerxencia, da actividade realizada durante o 2023 polo Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) e das intervencións atendidas durante o ano pasado. Ademais, as xefas de garda puideron compartir dúbidas, inquedanzas e suxestións que de seguro derivarán nunha mellora no traballo do equipo e nunha mellor xestión das emerxencias.

 

Spread the love
Xuntanza xefas de garda do GIPCE