Grupos

Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE
Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE

As Xefas de Garda son unha peza clave na xestión das emerxencias que chegan ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. O actual grupo de gardas está composto por 16 psicólogas do grupo de intervención GI-112 cunha longa traxectoria de formación específica e experiencia. Grazas a elas temos garantizada a atención psicolóxica demandada desde o 112 as 24 horas do día dos 365 días do ano.

O pasado 28 de xaneiro celebrouse en Santiago de Compostela a  xuntanza anual de Xefas de Garda, na que se informou dos cambios no grupo GI-112, expuxéronse as dificultades atopadas nas intervencións do 2022 e se entregaron os novos materiais para levar a cabo o seu traballo.

Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE

Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE

 

Spread the love
Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE
Xuntanza das Xefas de Garda do GIPCE