Destacado

Reunión co Servizo de Saúde Mental do SERGAS
Xuntanza co Servizo Galego de Saúde Mental do SERGAS

O 12 de xaneiro tivo lugar na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia unha xuntanza con membros do Servizo Galego de Saúde Mental do SERGAS, co obxectivo de presentar as accións a desenvolver ao abeiro do Protocolo de Prevención e Actuación nos Ámbitos Sanitario e Educativo ante o Risco Suicida Infanto-Xuvenil, especialmente cara ao desenvolvemento do programa YAM e á coordinación das accións de prevención a levar a cabo en tanto o programa non acada a toda a poboación diana.

Na xuntanza participou a xefa do servizo, María Tajes Alonso; o coordinador do programa de prevención e promoción da saúde mental, Alejandro García Caballero, e o responsable de trastornos adictivos da Consellería de Sanidade. Ademais, desde o COPG, asistiu a decana, Mª Rosa Álvarez Prada; o vicedecano, Hipólito Puente Carracedo; a coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Núñez Rubines; e o coordinador da Xunta de Goberno do COPG coa Sección de Psicoloxía e Saúde, José Berdullas Barreiro.

 

Spread the love