Seccións

Xornada “Prevención do suicidio no ámbito educativo”

O vindeiro 23 de xaneiro ás 18:00 h, a Sección de Psicoloxía Educativa do COPG organiza en formato online a xornada “Prevención do suicidio no ámbito educativo”, coordinada pola presidenta de dita Sección, Manuela del Palacio García, e que terá como relator a José Eduardo Rodríguez Otero.

José Eduardo é Psicólogo Clínico desde 2008. e traballa na Sanidade Pública desde 2016 e na Unidade de Prevención do Suicidio da Área Sanitaria de Vigo desde 2021. Participa en múltiples actos docentes e fai investigación e divulgación nas redes sobre prevención do suicidio.

A xornada abordará tanto a explicación da conduta suicida no contexto educativo, así como a súa prevención e as estatísticas existentes sobre a mesma. Preténdese así coñecer a magnitude do fenómeno do suicidio, familiarizarse cos modelos explicativos da conduta suicida e coñecer as intervencións máis validadas para previr o suicidio, profundizando nas que se poden levar a cabo no ámbito educativo.

Spread the love