Seccións

Xornada “Prevención do suicidio no ámbito educativo”

O pasado día 23 de xaneiro, a Sección de Educativa do COPG celebrou, en formato online, a xornada “Prevención do suicidio no ámbito educativo”, impartida por José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo clínico que traballa na Sanidade Pública desde 2016 e, concretamente, na Unidade de Prevención do Suicidio da Área Sanitaria de Vigo desde 2021; e coordinada pola presidenta da sección, Manuela del Palacio García.

Con dita xornada, pretendíase dar a coñecer a magnitude do fenómeno do suicidio, que as persoas asistentes se familiarizasen cos modelos explicativos da conduta suicida, así como dar a coñecer as intervencións máis validadas para previr o suicidio, profundando nas que son susceptibles de levar a cabo no eido educativo.

Spread the love
Xornada “Prevención do suicidio no ámbito educativo”