Grupos

Xornada interna de autocoidado GIPCE: Xestión e manexo da información como ferramenta de coidado

O Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI) do GIPCE organizou unha xornada este 3 de febreiro sobre a importancia da xestión e manexo da información como ferramenta de coidado para as persoas intervenientes durante unha emerxencia. Durante esta acción formativa fixeron fincapé no manexo do malestar pola incerteza e a falta de información que atopamos como profesionais das emerxencias durante as intervencións. Ademais, concienciaron aos asistentes na importancia de respectar o código ético e deontolóxico nas nosas actuacións como gipces.

Os tres integrantes do GAI: Lorena Nieto, Hafdallah Menni e Mª Carmen González; promoveron con esta xornada a cohesión do grupo, o apoio mutuo entre gipces durante as intervencións e a axuda brindada desde o GAI, as xefas de garda e a Comisión Coordinadora como elementos clave para o autocoidado dos/das intervenientes.

Rematada esta xornada, celebrouse a Reunión Interna Anual na que as integrantes da Comisión Coordinadora expuxeron a memoria de actividades realizadas durante o 2023 e anticiparon a previsión para este 2024.

 

 

Spread the love
Xornada interna de autocoidado GIPCE Reunión Interna Anual.