Por primeira vez no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia realizamos a primeira xornada en silencio de práctica de mindfulness e compaixón o pasado 21 de maio, organizada pola Comisión de Autocoidado.
Unha xornada na que participaron 8 profesionais da psicoloxía e 8 persoas alleas á profesión, e na que desfrutamos da natureza que nos ofrece a Casa Europa en Santiago de Compostela. Foi realmente un agasallo toda a xornada, poder facer por fin algo presencial, o feito de poder coñecer ás persoas que nos seguen desde o inicio nas distintas actividades que realizamos, a contorna tan bonita que nos rodeaba, poder desfrutar do silencio e da práctica en silencio toda unha xornada. Unha toma de terra con nós mesmos.
Esperamos poder seguir facendo máis encontros deste tipo, tan necesarios por outra banda.