Comisións

Xa está en marcha a campaña para a promoción dunha psicoloxía rigorosa e fiable dirixida á comunidade colexial

Cada vez faise máis necesario distinguirse das múltiples opcións terapéuticas que xorden.

A campaña consta dunha serie de mensaxes que se difunden periodicamente nas redes sociais do COPG.
O primeiro destes mensaxes ten que ver con facer visible a titulación oficial en cada escrito ou comunicación que fagamos.

A insistencia neste punto ten que ver co tipo de casos que se achegan a esta Comisión. Como mostra, só nos meses de xaneiro e febreiro deste 2025, recibíronse sete novos casos para estudo. Os sete están referidos a profesionais doutros ámbitos que ofertan tratamentos psicolóxicos.

E lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG. Podes aportar todos os datos posibles, para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.