Información Xeral

VII Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito, o COPG entidade colaboradora.

 

Mª Dolores Seijo Martínez

Mª Dolores Seijo Martínez

A Conferencia Internacional Universitaria para o Estudo da Mediación e o Conflito (CIMYC) celebrou, desde o xoves día 15 ao sábado 17 de setembro, o seu VII Congreso Internacional para o estudo da Mediación e o Conflito na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, baixo o lema do Obxectivo 16 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible Promovendo a Paz, a Xustiza e as Institucións Sólidas. A Presidencia do Congreso recaeu na profesora Mª Dolores Seijo Martínez, quen é representante da USC a CEMYC e o comité científico en Manuel Vilariño Vázquez, tamén profesor. Ambos membros da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Xurídica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

O evento, que se levou a cabo de maneira presencial e virtual, convocou a máis de 200 persoas, e tivo representación de 34 universidades e 16 centros e institucións de mediación dun total de 10 países de Latinoamérica (Argentina, Brasil, Bolivia, Chile, Costa Rica, México) y de Europa (España, Francia, Italia, Portugal). Durante os días de desenvolvemento do evento, tiveron lugar encontros entre académicos e profesionais nos que se produciu intercambio para a actualización e transferencia do coñecemento. Contou con tres conferencias plenarias que debuxaron escenarios diversos de aplicación da mediación, tales como a situación xeopolítica e económica derivada do conflito en Ucraína, impartida por D. José Juan Ruíz, Presidente do Real Instituto Elcano; Máis alá do win-win: promovendo unha mediación inclusiva nas organizacións, pronunciada pola catedrática de psicoloxía social da Universidad de Sevilla a profesora Lourdes Munduate, e clausurando a catedrática de psicoloxía da Universidad de La Laguna profesora María José Rodrigo co tema da familia á sociedade: creando convivencia. Ao longo do congreso simultaneáronse ata catro sesións paralelas nas que se disertou sobre distintos ámbitos de aplicación da mediación, o sanitario, o social e intercultural, o organizacional, o penal, o familiar, o mercantíl, o inmobiliario. Así mesmo, nun momento crucial para a regulación da convivencia na universidade debateuse profundamente a Lei 3/2022, de 24 de febreiro, de convivencia universitaria, que foi abordada en diferentes meses de debate e nun simposio titulado “Convivencia en universidades: modelo e modelos”.

VII CONGRESO INTERNACIONAL PARA O ESTUDO DA MEDIACIÓN E O CONFLITO

Na clausura do VII Congreso a presidenta da CUEMYC, a profesora Leticia García Villaluenga, da Universidad Complutense, anunciou que o VIII Congreso terá lugar o vindeiro ano na cidade de Santander, organizado pola Universidad de Cantabria e a Universidad Internacional Menéndez Pelayo.

A CUEMYC tamén celebrou a súa asemblea anual, na que se acordou, entre outras cuestión, trasladar a todos os/as Rectores/as do Estado español o modelol que propòn para a implementación e desenvolvemento da convivencia e a mediación nas universidades e incorporalo á páxina web da CUEMYC para a súa maior divulgación, xunto coa produción científica froito do Congreso www.cuemyc.org.

Ricardo Fandiño

Ricardo Fandiño

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia foi entidade colaboradora deste Congreso e a presidenta do mesmo Mª Dolores Seijo Martínez, destacou publicamente esta colaboración no acto inaugural. Asistiu a este congreso Ricardo Fandiño Pascual, Coordinador da Comisión Intersectorial de Mediación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

 

Spread the love
VII CONGRESO INTERNACIONAL PARA O ESTUDO DA MEDIACIÓN E O CONFLITO
VII CONGRESO INTERNACIONAL PARA O ESTUDO DA MEDIACIÓN E O CONFLITO