O Consejo General de la Psicología e a Ordem dos Psicólogos Portugueses organizan o V Encontro Hispano Luso de Psicología 2022 que, nesta edición, levou por título “Múltiples espacios, una sola identidad”.
Estos encontros teñen o obxectivo de trasladar aos e ás profesionais e á comunidade as novas achegas que, desde a psicoloxía hispano-lusa, se veñen aplicando na solución dos problemas actuais.
Ademais, no marco deste evento, fíxose entrega da IV dos Premios Ibéricos da Psicoloxía ao colexiado José Manuel Sabucedo en recoñecemento a súa labor de contribución á psicoloxía.
O encontro tivo lugar en Salamanca o 11 de marzo e participou a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada e Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, vicesecretaria do Colexio.