A Sección PTO foi convidada a participar no V Congreso Nacional de Psicoloxía e International Symposimum on Public Health Psychology, organizado polo Consejo General de la Psicología de España (COP) e Psicofundación, que se desenvolveu en liña entre os días 9 e 11 de xullo. Carlos Montes Piñeiro, presidente da Sección de PTO, participou como relator no simposio “Saúde psicolóxica laboral nas organizacións”, no que presentou o relatorio “O mundo do traballo a través da COVID-19: Recursos institucionais do COPG para organizacións e profesionais”. O simposio, coordinado por Manuel Vilches Nieto, vogal da División de PTORH, completouse coas intervencións de María Pilar del Pueblo López sobre “A organización e o traballo como recurso positivo para o afrontamento en situación de adversidade”, Alfredo Pacheco Torralva sobre “Prácticas organizacionais positivas para previr o esgotamento emocional dos profesionais”, e Isabel Aranda García sobre “Saúde psicolóxica laboral”. Para máis información pode consultarse a páxina Web do congreso: https://www.cnp2021.es
Recent Posts
- Proclamación definitiva de resultados eleccións á Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG
- Terceira edición do programa formativo de Unión Profesional e o Ministerio de Igualdade en prevención da violencia contra as mulleres
- Dispoñible o vídeo do encontro «Do antonte ao pasadomañá» | 45 aniversario do COPG
- PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (OUTUBRO 2025)
- A Comisión para a Defensa da Profesión celebra a posta en marcha da campaña «A túa saúde mental non é un xogo»
Recent Comments
No hay comentarios que mostrar.