Seccións

Traballo e saúde
Xornada PRL Riscos psicosociais e saúde mental

A Confederación de Empresarios de A Coruña (CEC) organiza o próximo 23 de setembro, en horario de 10h a 12h, a xornada Riscos psicosociais e saúde mental coa finalidade de facilitar datos que contextualicen a situación da saúde mental na nosa contorna, e ofrecer un catálogo de actuacións para a súa axeitada xestión no medio laboral.

Carlos Montes Piñeiro

Carlos Montes Piñeiro

Será no marco dunha conferencia impartida por Carlos Montes Piñeiro (G-3367), Presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións o COPG, que introducirá algúns dos últimos avances da Psicoloxía da Saúde Ocupacional para tratar de axudar a navegar pola natureza sempre cambiante do traballo e polas implicacións da súa transformación para a saúde, a seguridade e o benestar das persoas traballadoras.

Esta sesión é gratuíta e poderá seguirse de forma telemática desde a aula virtual da CEC. Enmárcase no Plan de Formación PRL do ano 2022, que executa a Confederación de Empresarios de A Coruña grazas á iniciativa da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e ao financiamento da Xunta de Galicia.

As persoas interesadas poden inscribirse na web da Confederación de Empresarios de A Coruña (https://www.cec.es) ou, directamente, facendo clic aquí.

Programa da xornada

Spread the love
Xornada PRL Riscos psicosociais e saúde mental
Xornada PRL Riscos psicosociais e saúde mental