Destacado

Para saírmos mellores: saúde mental na comunidade
Tempo da Psicoloxía
Entre os días 21 e 24 de febreiro tivo lugar a cuarta edición de Tempo da Psicoloxía, un proxecto organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e que esta ano se desenvolveu en modalidade online. O tema central desta edición foi “Unha ollada ao coidado da saúde mental”.

Ver vídeos das palestras

Tempo da Psicoloxía é unha actividade divulgativa deste ámbito científico e profesional na sociedade nada en 2019, que aborda unha temática concreta que nesta edición abordou as seguintes mesas:

O luns 21 comezou coa primeira das palestras baixo o título “Para saírmos mellores: saúde mental na comunidade”, na que interviron Rosa Cerqueiro Landín, psicóloga clínica e voceira do Movemento Galego pola Saúde Mental; Tania Rodríguez Canitrot, psicóloga do Concello de Piñor (Ourense) e Marcos Lorenzo, xestor cultural e escritor, autor do libro Dous escritos sobre a felicidade. Estivo moderada pola xornalista Isabel Bravo.

Para saírmos mellores: saúde mental na comunidade

Palestra “Para saírmos mellores: saúde mental na comunidade”

 

O martes 22 foi a quenda da xente máis nova nunha palestra titulada “Fortalecendo os alicerces: saúde mental na infancia e a xente moza”, na que participaron Begoña Castro Iglesias, psicóloga e orientadora educativa; Mariano Carrero Moure, psicólogo clínico infanto-xuvenil, USM Hospital da Costa, Burela; Ana Fidalgo Clase, estudante do Grao de Psicoloxía da USC; Sara Purcell Sobrino, psicóloga da Unidade de Atención Psicolóxica da USC; e María Alzate Rodríguez, xefa de servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia da Consellería de Educación. Estivo moderada pola tamén xornalista Selina Otero.

Fortalecendo os alicerces: saúde mental na infancia e na xente moza

Palestra “Fortalecendo os alicerces: saúde mental na infancia e na xente moza”

 

A última das palestras, o mércores 23, foi o momento de falar do contexto do traballo, “Coidando a vida laboral: saúde mental no traballo”, moderada polo xornalista Julio Pérez. Nela interviron Carlos Montes Piñeiro, profesor de Psicoloxía Social da Facultade de Psicoloxía da USC, María Botana Rocamonde, Asesora de PRL e RSE na Confederación de Empresarios da Coruña, Adrián Varela Pomar, Técnico de Saúde Mental FEAFES Galicia, Adela Quinzá-Torroja, directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA).

Palestra “Coidando a vida laboral: saúde mental no traballo”

 

Para finalizar, o xoves 24 celebrouse unha conferencia exclusiva para a comunidade académica, con motivo do Día da Psicoloxía Académica, por conta de Marisa Salanova Soria, Catedrática de Psicoloxía Social da Universidade Jaume I.

Conferencia para a comunidade académica

 

Spread the love