Seccións

Tempo da Psicoloxía 2024: Unha ollada sobre o suicidio

Os vindeiros días 19, 20, 21 e 22 de febreiro, celebraranse na Facultade de Psicoloxía da USC de xeito presencial e tamén en formato online as xornadas “Tempo da Psicoloxía 2024: Unha ollada sobre o suicidio”, nas que a presidenta da Sección de Educativa, Manuela del Palacio García (Psicóloga Educativa e Orientadora no IES San Tomé de Vigo), participará como unha das persoas participantes na mesa “A atención á infancia e á adolescencia no contexto educativo”, xunto a Carlos Álvarez García (Psicólogo Clínico, formador do Programa YAM nos centros educativos galegos e presidente do Comité de Ética e Deontoloxía do COPG) e Irene Marín Barca (Coordinadora autonómica de UNICEF Galicia).

Ditas Xornadas están organizadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) e a Facultade de Psicoloxía da USC.

Spread the love