Grupos

Taller de debriefing para o alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía da USC

O 22 de abril as membros do GIPCE Concepción López Martín e Ana Núñez Rubines impartiron un taller sobre a técnica de debriefing para o alumnado da materia «Intervención psicosocial en crise e trauma», do Máster Universitario en Psicoloxía da USC.

Durante esta sesión formativa, presentouse o suposto dunha inundación nun pobo galego como consecuencia de intensas choivas. Os alumnos e alumnas representaron aos soldados da UME desprazados para atender as necesidades da poboación. A través dunha metodoloxía predominantemente práctica e guiados polas gipces, entrenaron as 7 fases que compoñen esta técnica.

O alumnado mostrou un gran interese e participación tanto pola técnica coma polo traballo realizado dende o GIPCE para coidar a Saúde Mental dos intervencións despois de atender unha Emerxencias.

 

Spread the love
Ana Núñez Rubines co alumnado da materia "Intervención psicosocial en crise e trauma", do Máster Universitario en Psicoloxía da USC.