Seccións

Talento empresarial feminino
Foro_empresarial_pola_igualdade_2

O pasado 26 de outubro celebrouse en Vigo o Foro empresarial de Galicia pola igualdade, organizado pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) para impulsar o talento empresarial feminino e visibilizar o seu papel e contribución ao crecemento do tecido empresarial e da economía galega. Contou coa asistencia do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) representado por Carlos Montes Piñeiro, presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións.

Ao longno das diferentes mesas promoveuse a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no acceso, participación e permanecia no mercado de traballo, facendo especial fincapé nos cambios requiridos na formación e no desenvolvemento da carreira en sectores cunha fenda de xénero máis acusada. Tras as mesas redondas «Tecnoloxía en femenino», «Talento empresarial con M de muller» e «Iniciativas para os cambio social», tivo lugar a entrega dun recoñecemento a Abanca como entidade impulsora dun cambio de modelo interno en prol da igualdade efectiva e inspirador para as entidades públicas e privadas galegas.

Foro empresarial pola igualdade

Foro empresarial pola igualdade

Foro_empresarial_pola_igualdade_2

 

 

 

 

 

 

O Foro pola igualdade naceu no 2019 co obxectivo de implicar ao sector privado na erradicación das desigualdades de xénero e de liderar o camiño cara a un desenvolvemento xusto e sustentable. Esta segunda edición foi desenvolvida grazas ao financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

 

 

 

 

Spread the love
Foro_empresarial_pola_igualdade_2
Foro empresarial pola igualdade