O 19 de abril de 2023 realizouse un Simulacro de accidente aéreo no Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela centrado no Protocolo de Coordinación de Asistencia a Vítimas de accidentes de aviación civil e aos seus familiares.
Os obxectivos deste simulacro eran ensaiar as comunicacións entre profesionais, activar as salas segundo as fichas e procedementos descritos no Plan de Autoprotección, realizar a filiación de familiares e ilesos nas salas segundo os formularios do Ministerio e ensaiar o reencontro de familiares e ilesos na sala de autoridades.
Ademáis do persoal de Aena, participaron no simulacro a Dirección Xeral de Emerxencias de Galicia, GIPCE e Cruz Vermella.
Por parte do GIPCE asistiron dúas integrantes do GI-112 e dúas integrantes do GIPCE-COPG.

Momento do simulacro no Aeroporto Rosalía de Castro – foto cedida por Cruz Vermella