Seccións

Segunda edición do FOCAD “Espazos de traballo saudables: Intervención desde a PTO

A cuadraxésima oitava edición do Programa de Formación Continuada a Distancia (FOCAD) do Consejo General de la Psicología de España (COP) inclúe unha edición revisada do curso “Espazos de traballo saudables: Intervención desde a Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO)”. Esta actualización foi elaborada por Carlos Montes Piñeiro (G-3367), Profesor do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Presidente da Sección de PTO, e Carlos Dopico Casal (G-06464), investigador en formación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O obxectivo do curso é resumir algúns dos principais achados científicos sobre a contribución da PTO á construción de contornas de traballo seguras e saudables e presentar as súas implicacións para a práctica profesional. O documento base incorpora 36 novas referencias e engade novos apartados como, por exemplo, unha síntese das principais áreas para a intervención desde a Psicoloxía Organizacional Positiva. O curso compleméntase con dúas propostas aplicadas que ilustran a contribución da PTO na promoción da saúde no traballo. A primeira recolle aspectos relativos á xestión do cambio organizacional, mentres que a segunda presenta un exemplo da aplicación do mindfulness ao ámbito da saúde no traballo. As/os psicólogas/os que superen a avaliación do curso obterán un certificado de aproveitamento de 20 horas, equivalente a 2 ECTS, que ademais poderá presentarse como mérito formativo para a obtención das Acreditacións Nacionais do COP.

As persoas interesadas poden acceder ao curso a través da seguinte ligazón: https://www.focad.es

 

Spread the love
Focad