Comisións

Sabias que?
Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG

Sabías que… os artigos 39 a 49  do Código Deontolóxico son de máxima importancia á hora de recabar e manexar información dos clientes?

Sabías que…?
Se recibes a un cliente ten en conta que debes solicitar só a información unicamente necesaria para o desempeño do traballo profesional e sempre coa autorización do cliente (sendo recomendable que asine un compromiso de información na primeira sesión), polo tanto únicamente el decide o que quere traballar e comunicar. Se traballas no ámbito pericial, reflicte so aquelo que axude a clarificar a demanda do informe.

Sabías que…?
Todo o que comunique o cliente no curso do traballo profesional, conversando ou a través de test, está suxeito a un deber e a un dereito de SEGREDO PROFESIONAL do/a psicóloga/a e os seus traballadores e só o cliente ou un/unha xuiz/za poderá liberar ao/á profesional psicólogo/a do segredo profesional,  (o falecemento do cliente non libera ao/á psicólogo/a da obriga do segredo profesional).

Recorda que toda a información recollida (rexistros escritos, electrónicos, entrevistas, tests) son conservados baixo a túa responsabilidade e en condicións de seguridade.

Sabías que…?
O/a psicólogo/a só pode comunicar información sobre o traballo profesional do/a paciente a terceiras persoas previa autorización do cliente e dentro dos límites acordados.

Sabías que…?
Cando un/unha psicóloga/o avalíe ou interveña cun/cunha paciente e esta demanda sexa realizada por outras persoas (distintas do suxeito avaliado: Xuíces, pais, mestres, etc…) este paciente ou seus pais ou titores deben ser informados do feito da avaliación, ou intervención e do/a destinatario/a do informe psicolóxico.

O suxeito do informe psicolóxico ten dereito a coñecer o contido do informe, sempre que non se derive un grave prexuízo para o paciente ou para o/a psicólogo/a.

Sabías que…?
Necesitas o consentimento do cliente se no acto profesional van  estar presentes alumno/as en practicas? E que se realizas algúnha divulgación científica oral ou escrita con exposición de casos clínicos deberás realizala sen que sexa posible identificar á persoa/as ou se fose posible esa identificación necesitarás o consentimento previo do cliente/es.

Sabías que…?
Os informes psicolóxicos deben realizarse cunha linguaxe intelixible e preciso para o destinatario, cuns obxectivos definidos e técnicas utilizadas claramente explicadas así como o alcance das conclusións evitando utilizar etiquetas devaluadoras e sempre asinando cos datos completos do psicóloga/o que realiza o informe.

 

 

 

Spread the love
Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG
Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG