Nos informes é imprescindible que te identifiques cos teus datos (nome e apelidos), co teu número de colexiación e que os asines?
Debes recoller o obxecto do informe ao principio deste, as técnicas de valoración (metodoloxía) empregada e deixar constancia de quen solicita o informe e a quen se lle dá copia?
Debes redactar de forma clara e intelixible para o seu destinatario e ser precisa e rigorosa cos datos que reflictes no informe?
Debes contar coa formación axeitada á área onde se enmarca o informe.
Debes reflectir no informe o proceso de valoración/intervención que seguiches e xustificar as conclusións, expresando ademais o alcance e limitacións das mesmas, así como o grao de certeza que tes sobre os datos que recolles e as conclusións ás que chegas, expresándose se é preciso en termos probabilísticos ou condicionais.
Debes reflectir o seu carácter actual ou temporal.