Sabías que a maioría de idade sanitaria é aos 16 anos?
E que cando estás ante pacientes con 16 anos cumpridos son estes os propietarios da súa información e, por tanto, eles otorgan ou non consentimento para iniciar actuacións psicolóxicas, así como elaborar e emitir informes?
E que, se o solicitan, debes informar aos proxenitores dos pacientes con idades comprendidas entre 16 e 18 anos?
(Artigo 25 do Código Deontolóxico do psicólogo e Lei 41/2002 de 14 de novembro, reguladora da autonomía do e da paciente).
Recorda que:
Para calquera actuación psicolóxica se necesita consentimento.
Que con 16 anos cumplidos asina o/a paciente o consentimento informado, que debe serlle explicado ao menor e comprendido por este.
Consentimento que revoca este paciente citado, en calquera momento que o desexe. Deberías recoller o consentimento e a revocación por escrito e incluílo na historia clínica.
E sempre ten en conta que…
tes o deber legal e deontolóxico de informar aos proxenitores ata os 18 anos, información básica e consensuada previamente co paciente, respetando o secreto profesional.
E que, ante situacións de risco significativo para este paciente, estaría xustificado o recurso aos proxenitores en aras da protección dun ben maior como é a vida, que sería prioritario ante a obriga de confidencialidade.
