… e que Intervir é entrevistar, aplicar probas psicométricas e técnicas terapéuticas? e que se considera intervención profesional tanto a avaliación como a terapia/intervención, sexa en ámbito clínico, forense ou asistencial?
E que…A Intervención tamén vai ligada á avaliación e posta en marcha de obxectivos e estratexias?
…e non esquezas que debe asinarse un consentimento pola persoa usuaria/paciente e, no suposto de menores de idade, por ambos proxenitores que ostenten da patria potestade?
Recorda que
Para calquera actuación psicolóxica se necesita consentimento.
E que a maioría de idade sanitaria é aos 16 anos, con esta idade non se necesita consentimento dos proxenitores para a primeira sesión, sexa con probas de avaliación (tests , cuestionarios, entrevistas) coma se inicias terapia co obxecto de implementar cambios.
En menores de 16 anos, se sospeitas ou tes indicios de conflito entre os proxenitores, asegúrate de que ambos estean informados e consenten a túa intervención.
…e sempre ten en conta que…
tes o deber legal e deontolóxico de conseguir o consentimento de ambos os proxenitores antes de iniciar calquera intervención profesional (salvo nos casos de violencia de xénero).
…e que, ante a dúbida, se sospeitas que o/a solicitante da intervención non colabora e non informa ao outro proxenitor debes actuar de forma proactiva e informar e solicitar consentimento. O noso Código Deontolóxico recólleo nos artigo 25 e 42 que falan de informar e evitar a manipulación das persoas.