Seccións

Rompe coa cadea do acoso escolar. Manifesto contra o acoso escolar
Imaxe_acoso_escolar

Co gallo da celebración do Día Internacional contra o Acoso Escolar o 2 de maio o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta co lema «Rompe a cadea do acoso escolar, ti podes» como entre todos e todas podemos erradicar esta lacra social.

Somos conscientes de que as denuncias por acoso só son a punta do iceberg do problema real. Debemos intervir e previr implementando programas nos centros educativos para proporcionar estratexias e a comunidade saiba actuar ante o acoso que sufren tanto na Educación Primaria como na Secundaria. Comunicar estes feitos é a chave. Facemos un chamamento ás familias, profesorado, departamentos de Orientación e especialistas en Psicoloxía Educativa, e ao alumnado para que denuncie o bullying.

Spread the love
Imaxe_acoso_escolar