Grupos

Reunión estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes

No marco do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias celebrado en Santiago de Compostela realizouse o día 4 de maio a reunión estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología, á que asistiron coordinadores e coordinadoras de todos os Grupos de Intervención Psicolóxica dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de España.

Durante este encontro fixéronse propostas de actuación a nivel estatal para o período 2024-2025, actualizáronse as informacións de cada grupo GIPEC/GIPCE e fíxose unha valoración global da calidade e do impacto do I Congreso Nacional de Psicoloxía.

 

Spread the love
Reunión estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología