O pasado 5 de novembro celebrouse en Madrid, na sede do Consejo General de la Psicología de España. a reunión estatal da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes, á que asistiron representantes de todos os Grupos de Emerxencias e Catástrofes de todos os Colexios de España. En representación do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asistiu a súa coordinadora, Ana Mª Núñez Rubines.
Nesta reunión compartíronse informacións sobre as liñas de traball o que se están a seguir desde a EFPA SC Disaster, Crisis and Trauma Psychology a nivel europeo e o traballo que se está levando a cabo desde cada Colexio Oficial de Psicoloxía dentro do noso país.
Tamén se deron a coñecer ás reunións e convenios de colaboración que se estableceron con outras entidades, Cruz Roja e ONCE, e o avance nos grupos de traballo estatais activos.