Grupos

Reunión entre a coordinadora do GIPCE e o responsable autonómico de Cruz Vermella e a responsable de ERIE Psicosocial
De esquerda a dereita: Ana Mª Núñez, Lucía Otero e Daniel Fernández

Este 13 de maio, a coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do COPG, Ana Mª Núñez Rubines, mantivo unha xuntanza co responsable autonómico de emerxencias de Cruz Vermella, Daniel Fernández Sanjurjo e coa responsable da ERIE Psicosocial, Lucía Otero.

A finalidade desta reunión foi a aproximación entre ambos grupos para lograr unha mellor coordinación naquelas situacións críticas de emerxencia nas que coincidimos. Para iso abordáronse temáticas e propuxéronse diversas actividades formativas que poidan promover un mellor coñecemento das funcións e dos integrantes de cada grupo.

Spread the love
De esquerda a dereita: Ana Mª Núñez, Lucía Otero e Daniel Fernández
De esquerda a dereita: Ana Mª Núñez, Lucía Otero e Daniel Fernández