Grupos

Reunión da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes e xornada técnica
Membros da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología

O 20 de maio celebrouse en Madrid, na sede do Consejo General de la Psicología de España,  a reunión dos coordinadores e coordinadoras dos Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias dos Colexio Oficiais de Psicoloxía de España. Asistiron un total de 22 coordinadores/as. Representando ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG asistiu a súa coordinadora, Ana Mª Núñez Rubines. Durante esta reunión fíxose unha exposición da situación actual da Psicoloxía de Emerxencias en Europa, do traballo realizado por cada un dos grupos na súa comunidade autónoma, revisáronse as tarefas realizadas polos grupos de traballo creados a nivel estatal e houbo novas propostas de traballo para os vindeiros meses.

Membros da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología

Membros da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología

O día anterior, o 19 de maio,  celebrouse a Xornada técnica «Avaliación de activacións en emerxencias e catástrofes», xornada dirixida aos e ás responsables da coordinación dos Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de España.  Durante a xornada expuxéronse catro situacións de emerxencia nas que os grupos de emerxencias dos COP foron activados. Desde Galicia participamos nesta xornada facendo unha exposición da intervención realizada desde o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) tralo naufraxio do barco pesqueiro Villa de Pitanxo en febreiro de 2022.

Xornada técnica "Avaliación de activacións en emerxencias e catástrofes"

Xornada técnica «Avaliación de activacións en emerxencias e catástrofes»

Xornada técnica "Avaliación de activacións en emerxencias e catástrofes"

Xornada técnica «Avaliación de activacións en emerxencias e catástrofes»

Spread the love