Grupos

Reunión da Área de Emergencias y Catástrofes do Consejo General de la Psicología

O 29 de novembro tivo lugar na sede do Consejo General de la Psicología a reunión estatal de coordinadores e coordinadoras dos grupos de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias dos Colexios Oficiais de Psicoloxía nacionais. En representación do GIPCE do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asistiu Ana M Núñez Rubines.

Nesta reunión, presidida polo coordinador da Área de Psicoloxía de Emerxencias, Javier Torres Ailhaud, expuxéronse as accións realizadas tanto desde o Consejo como desde os diferentes COPs autonómicos nos últimos seis meses e valoráronse novas liñas de traballo de cara ao futuro da Psicoloxía de Emerxencias.

Ademais fíxose unha exposición das intervencións de alto impacto que se realizaron nos últimos meses, a maior parte relacionadas coa atención psicolóxica inmediata á poboación e a persoal de emerxencias que se viron afectados pola ola de incendios deste verán.

 

Reunión da Área de Emergencias y Catástrofes do Consejo General de la Psicología