Grupos

Reunión con representantes do tráfico e da seguridade en Galicia
Reunión con representantes de tráfico e seguridade en Galicia

Reunidos na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en Santiago de Compostela, o pasado 26 de xaneiro, celebrouse unha dinámica de traballo conxunto coas Xefaturas de Tráfico da Comunidade Galega, coa Subdirección Xeral de Servizos Sanitarios da Consellería de Sanidade da Xunta de Galica e coa Garda Civil do Sector de Tráfico de Galicia, co fin de traballar en favor da seguridade viaria. A esta xuntanza tamén asistiron en representación do COPG, o vicedecano, Hipólito Puente Carracedo e a coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade, Eva Muíño Gómez, xunto co resto de membros da Comisión coordinadora.

Expuxéronse cuestións de interese no ámbito da seguridade viaria e a xefa da Xefatura de Tráfico da Coruña e coordinadora das catro provincias plantexou ao Colexio a realización dalgunha investigación sobre cómo abordar a comunicación coa xente que non se atopa xa en condicións para conducir, pautas para que acepten esa situación.

Reunión con representantes de tráfico e seguridade en Galicia

Reunión con representantes de tráfico e seguridade en Galicia

 

Spread the love
Reunión con representantes de tráfico e seguridade en Galicia
Reunión cos representantes de tráfico e seguridade en Galicia