Información Xeral

Reunión con membros da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega)

O pasado 2 de maio reuníronse con representantes da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, e Concepción Fernández Fernández, coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista do Colexio.

Desde Escena Galega están no proceso de elaboración dun Protocolo de prevención e actuación contra o acoso sexual e por razón de sexo/xénero no sector das artes escénicas e a música en Galicia. Este protocolo, que ten carácter sectorial e autonómico, busca a implicación de todas as empresas e profesionais do sector a través das asociacións que aglutinan a compañías de teatro, danza e circo, asociación e actrices e actores, músicos/as, etc. Aínda que nestes momentos se atopa na súa fase final, desde Escena Galega valoraron a posibilidade de contar coa colaboración do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, unha vez entre en vigor o mesmo, especialmente no apoio á comisión de acompañamento, que será formada por unha persoa representante de cada unha das asociacións asinantes e, de ser o caso, o acompañamento ás presuntas vítimas que decidan activar o mesmo.

Nesta reunión as representantes da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas explicaron polo miúdo o enfoque do protocolo e analizaronse as posibilidades de colaboración entre ambas entidades.

 

 

 

 

Spread the love
Reunión coas representantes de Escena Galega
Reunión coas representantes de Escena Galega