O 20 de marzo celebrouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía unha reunión coa Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA -Galicia), na que este organismo presentou os seus servizos de interese para as persoas profesionais autónomas colexiadas.
Participaron na reunión, Mª Carmen Gonzalez Hermo e Ana Mª Núñez Rubines, vicesecretaria e vogal da Xunta de Goberno do COPG e Rafael Granados Guillén, vogal da Xunta Directiva de ATA – Galicia.
De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia (ATA – Galicia) e o Consejo General de la Psicología, as persoas colexiadas autónomas teñen a súa disposición asesoramento nos temas xurídicas, fiscais, económicos e laborais que lles competen como autónomas, ademais de consideralas como socias de ATA a efectos de desfrutar das vantaxes preferentes que esta condición supon.