Destacado

Foto_basica_aula
Reunión co Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia
Mª Rosa Álvarez e Hipólito Puente

Mª Rosa Álvarez e Hipólito Puente

Mª Rosa Álvarez Prada e  Hipólito Puente Carracedo, decana e vicedecano respectivamente do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, mantiveron o 17 de abril unha xuntanza co Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Román Rodríguez González. Nesta reunión trasladouse a preocupación polas continuas demandas recibidas por parte de centros educativos para abordar distintas necesidades emocionais complexas como a ansiedade, o suicidio, os abuso sexuais, o bullying… que está a vivir a día de hoxe o alumnado nas aulas. Ademais, de instar unha vez máis a administración autonómica a incorporar as e os profesionais da psicoloxía nos centros de ensino, para que poidan realizar a prevención destas necesidades no seu contexto educativo.

Spread the love