O vindeiro 22 de maio ás 19:00 horas temos unha cita moi especial: unha nova edición de Achegas da Psicoloxía Galega, ese encontro que cada ano nos reúne para compartir, recoñecer e celebrar o valor da nosa profesión.
Nesta ocasión, xuntarémonos na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, un lugar cheo de simbolismo que fará aínda máis especial esta xornada pensada para poñer en valor o camiño que construímos entre todas e todos.
Ao longo do acto, renderemos homenaxe a persoas e entidades que deixan pegada na psicoloxía galega. Entregarase o Premio Dolores Llópiz – Psicoloxía e Sociedade á Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, así como o recoñecemento colexial a profesionais que contribuíron de xeito destacado á nosa disciplina. Tamén celebraremos os 25 anos de colexiación de moitos compañeiros e compañeiras, e faremos entrega dos V Premios de Comunicación Xoán Vicente Viqueira do COPG.
E, como non podía ser doutro xeito, ao remate compartiremos un cóctel, un momento para conversar con calma, reencontrarnos e seguir tecendo comunidade.
Gustaríanos moito contar contigo nesta tarde tan significativa. Se aínda non o fixeches, lembra confirmar a túa asistencia ata do 15 de maio no correo copgalicia@copgalicia.gal.
Agardamos verte e compartir xuntos este momento tan especial.
