Grupos

Publicación en Psicothema do artigo «Atención Psicolóxica Telefónica durante o confinamento en España en 2020 e protocolo de recollida de datos»

En agosto do 2024 saíu publicado na revista Psicothema o artigo «Atención Psicolóxica Telefónica durante o confinamento en España en 2020 e protocolo de recollida de datos» sobre a investigación que se realizou a nivel estatal coa colaboración de varios Colexios Oficiais de Psicoloxía de España, entre os meses de marzo e xullo de 2021, en relación aos diferentes dispositivos de atención psicolóxica telefónica durante os meses que durou o confinamento en España.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia colaborou aportando os datos estadísticos obtidos durante o dispositivo de atención psicolóxica telefónica 112 que foi atendido as 24 horas do día durante 10 semanas entre abril e xuño polo Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Un ano despois, desde o GIPCE fíxose un seguimento telefónico dos usuarios e usuarias que recorreron a este servizo para avaliar a efectividade do servizo a curto e a longo prazo.

Pódese consultar o artigo definitivo no seguinte enlace da revista Psicothema vol. 36, nº3:

https://www.psicothema.com/pi?pii=4849

Spread the love
Artigo "Atención Psicolóxica Telefónica durante o confinamento en España en 2020 e protocolo de recollida de datos" na revista Psicothema.